Xadrez 1

Xadrez 1 é unha obra interactiva, cuxos intérpretes son dous xogadores de xadrez. É un programa informático de xadrez utilizado para obter material musical en vivo e poder xerar música en tempo real, tendo como parámetro o desenvolvimento dun xogo de xadrez, co que, da mesma forma que hai infinidade de xogos posibles, a música nunca será igual dependendo de quen sexan os contendentes.

Ver máis

Peito de Lobo

Obra para piano e electrónica, inspirada no relato homónimo autobiográfico do escritor galego Alfonso Rodríguez Castelao, publicado no libro Retrincos.

Gravación realizada no 23 de novembro de 2017, durante o concerto Blue Brain – Inteligência Artificial Coletiva, no Café-Concerto Francisco Beja da ESMAE, coa pianista Nastasia Iacob.

Ver máis

Compostela Antiga

Música basada en paisaxes sonoras. Tódolos sons foron gravados na zona vella de Santiago de Compostela, por Chus Silva, Xabier Mera e máis eu. Non hai ningunha síntese sonora que non tome estes sons como material de partida.

Ver máis