Coro da Rá – Shine On You Crazy Diamond

Arranxo do tema de Pink Floyd “Shine On You Crazy Diamond” encomendado e interpretado polo Coro da Rá, no concerto “Compostela Intercoral”, 15 de abril de 2018 no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Ser verde – Coro da Rá

Arranxo SSATB para coro da coñecida música Bein’ Green, do programa televisivo The Muppets (Los Teleñecos).

Encargado polo Coro da Rá, e incluido regularmente nas súas actuacións.

Ver máis

Vía Sete

Vía Sete é o coro residente do Local de Música de Pontevedra. O proxecto naceu de varios cantantes que viñan regularmente cantar no marco de actividades de ocio do Concello de Pontevedra, tais como Noites Abertas ou Ponteverán. O coro afeccionado serve de estímulo para iniciarse na música vocal a moita xente que sempre tivo … Ver máis

L’Enterrement de la Sardine (O entrerro da sardiña)

Proxecto inserido no festival Scenopolis, colectivo de escenógrafos radicado en Estrasburgo, Francia. A obra é unha instalación na que o público participa nunha ronda a modo de peregrinaxe, e simultaneamente mostra as diferentes tradicións de Entroido europeas do enterro da sardiña. Participei como compositor de música para ser murmurada por cantantes, e tamén como intérprete incluído no público que andaba en círculos en procesión, co ánimo de que se unisen ó cántico. A música incluía partes para pequena percusión, zanfoña e gaita.

Ver máis