L’Enterrement de la Sardine (O entrerro da sardiña)

Proxecto inserido no festival Scenopolis, colectivo de escenógrafos radicado en Estrasburgo, Francia. A obra é unha instalación na que o público participa nunha ronda a modo de peregrinaxe, e simultaneamente mostra as diferentes tradicións de Entroido europeas do enterro da sardiña. Participei como compositor de música para ser murmurada por cantantes, e tamén como intérprete incluído no público que andaba en círculos en procesión, co ánimo de que se unisen ó cántico. A música incluía partes para pequena percusión, zanfoña e gaita.

Ver máis