Yo-yos

Obra para orquestra, estreada pola Orquestra Sinfónica da ESMAE no Teatro Helena Sá e Costa, baixo a dirección do director Thomas Hauschild. O movemento básico do io-ió (yo-yo en ilocano) é o de dar impulso para abaixo e, no momento preciso de chegar ó fondo, dar un pequeno impulso para subir de novo. Se non … Ver máis

Esconder-se no multiverso

Obra para ensemble a 1, encomendada pola ESMAE nun proxecto en colaboración coa Escola Superior de Música de Lisboa, financiado pola Funcação para a Ciência e Tecnologia (Portugal).

Xadrez 1

Xadrez 1 é unha obra interactiva, cuxos intérpretes son dous xogadores de xadrez. É un programa informático de xadrez utilizado para obter material musical en vivo e poder xerar música en tempo real, tendo como parámetro o desenvolvimento dun xogo de xadrez, co que, da mesma forma que hai infinidade de xogos posibles, a música nunca será igual dependendo de quen sexan os contendentes.

Ver máis

Coro da Rá – Shine On You Crazy Diamond

Arranxo do tema de Pink Floyd “Shine On You Crazy Diamond” encomendado e interpretado polo Coro da Rá, no concerto “Compostela Intercoral”, 15 de abril de 2018 no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Peito de Lobo

Obra para piano e electrónica, inspirada no relato homónimo autobiográfico do escritor galego Alfonso Rodríguez Castelao, publicado no libro Retrincos.

Gravación realizada no 23 de novembro de 2017, durante o concerto Blue Brain – Inteligência Artificial Coletiva, no Café-Concerto Francisco Beja da ESMAE, coa pianista Nastasia Iacob.

Ver máis

Ser verde – Coro da Rá

Arranxo SSATB para coro da coñecida música Bein’ Green, do programa televisivo The Muppets (Los Teleñecos).

Encargado polo Coro da Rá, e incluido regularmente nas súas actuacións.

Ver máis

Grumpy Levy

Obra para Big Band, interpretada pola ESMAE Big Band na Casa da Música en Decembro de 2016, baixo a dirección de Abe Rábade e comigo ó piano. Velaquí algunhas cousas que estaba a escoitar cando compuxen esta peza.

Vía Sete

Vía Sete é o coro residente do Local de Música de Pontevedra. O proxecto naceu de varios cantantes que viñan regularmente cantar no marco de actividades de ocio do Concello de Pontevedra, tais como Noites Abertas ou Ponteverán. O coro afeccionado serve de estímulo para iniciarse na música vocal a moita xente que sempre tivo … Ver máis

Compostela Antiga

Música basada en paisaxes sonoras. Tódolos sons foron gravados na zona vella de Santiago de Compostela, por Chus Silva, Xabier Mera e máis eu. Non hai ningunha síntese sonora que non tome estes sons como material de partida.

Ver máis

L’Enterrement de la Sardine (O entrerro da sardiña)

Proxecto inserido no festival Scenopolis, colectivo de escenógrafos radicado en Estrasburgo, Francia. A obra é unha instalación na que o público participa nunha ronda a modo de peregrinaxe, e simultaneamente mostra as diferentes tradicións de Entroido europeas do enterro da sardiña. Participei como compositor de música para ser murmurada por cantantes, e tamén como intérprete incluído no público que andaba en círculos en procesión, co ánimo de que se unisen ó cántico. A música incluía partes para pequena percusión, zanfoña e gaita.

Ver máis